Benedicta Sánchez, tras coñecer a súa nominación aos Goya: «Alégrome por Oliver, el merece isto e moito máis»

A protagonista de «O que arde» ten claras as súas prioridades, a súa loita como muller independente e os acontecementos que marcaron a súa vida

;
Benedicta Sánchez, a sus 84 años, ha entrado entre las candidatas a llevarse el Goya a la mejor actriz revelación Oliver Laxe, con O que arde, competirá por el Goya a la mejor película en la próxima edición de los premios de la Academia de Cine

Lugo / La voz

Benedicta Sánchez soubo onte pola mañá que está nomeada aos Goya como mellor actriz revelación. Dende que se fixo pública a nova recibiu un aluvión de chamadas. Tamén a de Oliver Laxe, que, segundo explica, xa lle deu os parabéns. Pero Benedicta alégrase máis por Oliver ca por ela. No seu discurso hai moito de profundo e pouco de superficial. Ela sempre quixo ter o seu espazo, ese cuarto propio. En moitos momentos foi imposible, e noutros custoulle conseguilo. Foi fotógrafa de vocación e o seu sempre foi «mover os fíos detrás da cámara». Agora está nomeada a mellor actriz revelación, pero Benedicta prefire falar da vida, dos animais e da súa loita constante, que lle permitiu ser unha muller libre e independente. 

-Benedicta, que estás nomeada ao Goya por mellor actriz revelación!

-A estas alturas, as ilusións quedaron polo camiño. Se me alegro por alguén é por Oliver, e polo resto do equipo. El merece iso e moito máis.

-Como soubo que está nomeada aos Goya?

-Recibín moitas mensaxes hoxe. Levo toda a mañá agarrada ao teléfono. Tamén me chamou Oliver, e estivemos conversando un anaco.

-Está contenta?

-Non teño por que estar triste. Alégrome por eles, non por min. Se fose nova pode ser que me ilusionara, pero con 84 anos, non. Tantos os saltos coma os baixos son o yin e o yang da vida. 

-Como foron estes últimos meses?

-Cando me chamaron para ir a algures acudín, e cando non seguín coa miña rutina e coa miña loita diaria.

-Vostede foi fotógrafa. Como se sente diante da cámara?

-Coma se nada. Dáme igual estar no sitio que sexa, ou incluso espida. Nacín sen roupa, entón non debe ser pecado. Dáme igual como me saquen. Nin por beleza nin por virxindade aceptei cando era nova que un home se achegara a min.

-Como é o seu día a día aquí, na súa casa do Corgo?

-Cando vai sol, cavo e corto silvas, e cando podo, póñome coa miña horta. 

-Que é o máis bonito do mundo para Benedicta?

-A fotografía é a cousa máis linda para min do mundo. Traballei 15 anos como fotógrafa en Río de Xaneiro e fun moi feliz. Hai pouco estiven mirando fotografías que tiña na casa, e non me veu depresión porque estou vacinada contra ela, pero amargoume bastante.

-Por que?

-Porque traballei no Brasil como autónoma e daquela non vin a ningunha muller que fixera coma min. Elas axudaban aos homes, pero non o facían soas. Entristencinme porque daquela aínda non sabía moito da vida, confiaba na familia e volvín a España. Cando retornei, atopei miseria e máis miseria. Eu só quería os meus metros cadrados para facer a miña fotografía, e non se me concederon. Dende que regresei non volvín a traballar de fotógrafa. Síntome útil manexando os fíos da cámara, ou así me sentía.

-Que fixo despois?

-Cando a miña filla foi algo máis maior, marchamos para Valencia. Entón volvín a revivir, pero non coa fotografía. Eu sempre fun unha muller moi independente se imos ao mundo da comparación. Eu nunca tiven diñeiro, pero nunca me faltou.

-Como foi a súa vida lonxe da terra?

-En Río considerábanme europea. Coa miña trenza pensaban que era alemá ou francesa. Nunca conseguiron a miña nacionalidade. Comecei caendo nunha casa de familia co meu marido na que nos daban cama e comida. Seguidamente un amigo de meu pai levounos para un bar que tiña. Alí coñecín a unha familia arxentina que tiña unha libraría, e leváronme traballar para alí. Entre medias, o meu marido e eu separámonos. Foi complicado. El, nalgún momento, non quería. Dicía que eu era del.

-En 84 anos, cal foi o seu maior descubrimento?

-A maior cousa que me puido ocorrer na vida foi constatar que non facía falla matar animais para eu vivir. Fíxenme vexetariana no ano 1953. 

-Cambiaría algo do que fixo ao longo da súa vida?

-Algunha cousa si. Non ter bastante serenidade. Se o cabalo che dá unha patada, eu doulle cebada e non unha patada ao cabalo. Se a persoa é estúpida, problema dela, e se lle podo axudar a deixar de ser estúpida, pois fareino.

;
La actriz Benedicta Sánchez, nominada al Goya por su primera película como actriz a los 84 años La intérprete gallega podría llevarse el galardón a la mejor actriz revelación por su trabajo en 'O que arde'.

«O que arde», de Oliver Laxe, competirá por el Goya en las categorías de mejor película y dirección

X. F.
O que arde
O que arde

Los gallegos Santi Prego, Luís Tosar y Benedicta Sánchez, entre los aspirantes a premio. «Mientras dure la guerra», de Amenábar, parte como la gran favorita, con 17 nominaciones.

Oliver Laxe, con O que arde, competirá por el Goya a la mejor película en la próxima edición de los premios de la Academia de Cine. Se medirá con Mientras dure la guerra, el filme de Alejandro Amenábar que parte como gran favorita, con 17 nominaciones, junto con Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar; Intemperie, de Benito Zambrano, y La trinchera infinita, de Jose Mari Goenaga, Jon Garaño y Aitor Arregi.

Además, Oliver Laxe también forma parte de los cineastas nominados en la categoría de mejor dirección, donde tendrá como competidores a Almodóvar, Goenaga, Garaño, Arregi y Amenábar. «É unha pequena milagre estar aí», ha declarado el director lucense nada más hacerse públicas las nominaciones.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Tags
Comentarios

Benedicta Sánchez, tras coñecer a súa nominación aos Goya: «Alégrome por Oliver, el merece isto e moito máis»