O barítono galego Borja Quiza pon en marcha unha escola de artes

Patricia Calveiro Iglesias

CULTURA

EDUARDO PEREZ

O Laboratorio está no centro comercial Espazo Coruña

18 sep 2019 . Actualizado ás 09:13 h.

O barítono galego Borja Quiza e a súa muller, a bailarina Verónica Torres, inauguran mañá unha escola de artes, O Laboratorio, instalada no centro comercial Espazo Coruña, que ampliará a oferta que tiñan en Galemúsica, a súa anterior academia. Trátase dunha escola multidisciplinar que ofrecerá formación en danza, música, teatro, literatura, fotografía, artes plásticas... Ademais, será a nova sede da familia Gaos, orquestra e coros. LVG