Miguel Sande: «Non busco a poesía retórica, senón o sinxelo»

Xesús Fraga
xesús fraga REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Miguel Sande practica unha poesía sinxela pero resultado dun longo proceso de traballo
Miguel Sande practica unha poesía sinxela pero resultado dun longo proceso de traballo

O escritor e xornalista gaña o premio do PEN e Afundación coa obra «Os filósofos xa non brindan con cicuta»

18 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os filósofos xa non brindan con cicuta é ou título do poemario co que ou escritor e xornalista de La Voz Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961) vén de gañar ou premio que convocan Afundación, ou Centro PEN e a Xunta, fallado onte en Santiago. Un galardón dotado con 6.000 euros e que inclúe a publicación dá obra na colección Arte de Trobar. Ou xurado, que ou elixiu por unanimidade, estivo formado por María Canosa, Ánxela Gracián, Branca Vilela e Xabier Castro como secretario, e Luís G. Tosar como presidente.

-O poemario ten dúas partes escritas en prosa poética e unha terceira en verso...

-É unha obra de madurez. Custoume moito traballo atopar a miña propia voz poética, mentres que na novela e no teatro, creo, xa a encontrara. É dunha sinxeleza aparente, na forma, pero para chegar ata ela hai un longo proceso de traballo. Cada poema, cada imaxe, pasou por varias reescrituras. Non busco a poesía retórica, nin o difícil, senón o sinxelo, e aí optei por unha lingua coloquial. Creo que despois de trinta anos por fin atopei esa voz nun poemario, e non foi sen tempo.

-De onde vén o título?

-Son poemas que se moven entre o filosófico e o cotián. Falan de cousas da vida, do día a día, pero buscándolles a profundidade. Todas as cousas a teñen. Doutra banda, son cuestións que vemos a diario no xornal: o trato aos maiores, as familias desestruturadas...

-O presidente do xurado dixo do poemario que percibía un desencanto, mais esperanzado, vitalista...

-Si, si. A verdade é que si. É unha boa definición. Son poemas moi traballados, fáciles de ler, pero con moita escrita detrás, buscándolle esa visión máis filosófica ás pequenas cuestións da vida.

-Que lle ofrece a poesía como medio de expresión que non está presente na narrativa ou no teatro?

-Creo que tamén hai poesía cando escribo teatro ou narrativa. Pero na forma dun poemario non acababa de callar. Creo que no fondo é que non me acababa de soltar, pero finalmente saíu, deixeime levar. Sendo natural e un mesmo é a mellor forma de expresarse, como todo na vida, e tamén na escritura.

-Creo que hai nunha parte un diálogo poético con Eugénio de Andrade...

-Hai un poema dedicado a el, si, aínda que non é tanto un diálogo. É un dos meus poetas preferidos, con cuxa obra me identifico, de aí que apareza nesa dedicatoria.