Pussy Riot actuarán na Coruña nos actos do 8M

a voz REDACCIÓN

CULTURA

Pussy Riot
Pussy Riot

A formación rusa dará un concerto o 9 de marzo na praza de María Pita dentro dun festival feminista

16 feb 2019 . Actualizado ás 13:35 h.

O colectivo de punk ruso Pussy Riot actuará  o próximo 9 de marzo. Será a estrela principal do festival feminista que se celebrará na praza de María Pita da Coruña, dentro das iniciativas que o concello herculino ten programadas para o 8M. Ademais das rusas, no evento participarán Brassica Rapa, Mounqup, Xiomara Fortuna e Marinah, a vocalista de Ollos de Brujo.

Despois de constantes performances e concertos contestatarios, Pussy Riott fixéronse internacionalmente coñecidas tras un concerto que ofreceron por sorpresa na Catedral Cristo Salvador de Moscova. Por eses feitos foron arrestadas e acusadas de vandalismo. Tras un xuízo mediático, foron condenadas a dous anos de cárcere.