A «Guía dos elementos químicos», un xeito lúdico pero rigoroso de achegarse á táboa periódica

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Marcos Míguez

O volume explica a orixe dos nomes dos elementos químicos e afonda na súa historia e no seu comportamento

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A sede da Real Academia Galega (RAG) acolleu onte a presentación da Guía dous elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, unha obra divulgativa que ve a luz coincidindo coa celebración no 2019 do Ano Internacional do Sistema Periódico. O volume explica a orixe dos nomes dos elementos químicos e afonda na súa historia e no seu comportamento, salienta a importancia da química na sociedade e ofrece múltiples exemplos, moitos deles en clave galega, como sinalaron os propios autores, Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro. O libro cumpre ademais esta tarefa divulgativa dun xeito ameno e rigoroso. «É a primeira oferta de denominación normalizada e oficial dos nomes dos elementos químicos en galego», enxalzou o académico Manuel González.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, celebraba a oportunidade desta publicación: «Iniciativas coma esta deben entenderse no proceso de modernización, enriquecemento e actualización permanente da lingua, que non pode manterse á marxe da realidade científica e tecnolóxica».