A Rag reivindica a María Victoria Moreno como mestra, defensora dá lingua e muller xenerosa

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

CULTURA

Emilio Moldes

Pontevedra acolleu vos actos centrais do día dás Letras Galegas

17 may 2018 . Actualizado ás 19:35 h.

Chegou o gran día. Pontevedra, a cidade da que María Victoria Moreno quedou prendada, na que a mestra da alegría eterna viviu e morreu, acolleu os actos centrais de celebración das Letras Galegas na súa honra.

Os actos comezaron no instituto Torrente Ballester, onda ela deu clase. Falou alí o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que retratou a María Victoria Moreno como a «pomba dourada de Cunqueiro que se namorou das nosas palabras», en alusión a que sendo natural de Extremadura asumiu por amor a defensa da lingua e cultura galega. Houbo música e palabras fermosas dos familiares e amigos a carón das aulas, pero unha voz tan noviña como ben modulada eclipsou a todos. Foi a de Victoria Feijoo, a neta á que María Victoria non coñeceu pero á que lle está ensinando tanto co seu legado. Ela leu un poema da avoa que puxo a emoción a flor de pel.

Tralo acto no instituto, a RAG celebrou a súa cita institucional de rigor no Teatro Principal de Pontevedra, cheo de amigos, familiares e veciños de María Victoria. Os encargados de traela á memoria dende os micrófonos foron os académicos Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Xesús ALonso Montero, amigo íntimo dela. Retratárona coa fermosura e a xenerosidade coa que ela viviu. E dixeron que foi unha muller comprometida coa lingua, un ser humano xeneroso por riba de todas as cousas, unha mestra excepcional e unha escritora pioneira na literatura infantil e xuvenil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, explicou os motivos que levaron a homanexaela e dixo que as Letras Galegas son, hoxe por hoxe, unha «explosión social».