A discoteca Grecos bota o peche en Sada tras 47 anos

SADA

Anuncia dúas festas de despedida

15 ene 2020 . Actualizado ás 00:19 h.

Grecos bota o peche. Así o anunciou o luns pola noite nas redes sociais. Con ela vanse 47 anos recordos de lecer xuvenil e música en Sada . «Toda historia ten un comezo e un final e nós queremos despedirnos con todos vós/as,  con toda a xente que pasou por kuac/ grecos ao longo de todos estes anos…», indicaban no anuncio facendo referencia aos dous nomes que tivo o local.

Aínda non se sabe cando serán os actos de despedida, pero anuncian que se pechará a discoteca «por todo alto».

Os responsables do establecemento agradecen o respaldo obtido desde o 21 de decembro de 1972 cando abriu.

«Grazas por todos os momentos vividos, grazas por regalarnos parte da vosa historia, por regalarnos momentos importantes da vosa vida por estar aí durante todos estes anos e por todo o voso cariño!!», indicaban.

Grecos está na Rúa da Obra e xunto coa desaparecida Baroke e o Moby Dick conformaron establecementos míticos na movida sadense.