Nova marcha en Sada para solicitar a devolución do pazo de Meirás

c. d SADA / LA VOZ

SADA

C. D

08 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sada acollerá este sábado unha nova concentración para solicitar a devolución do pazo de Meirás ao pobo galego. Trátase da quinta marcha que se realiza con este obxectivo. A comitiva sairá ás 12.00 horas do monumento ás vítimas do franquismo, no paseo marítimo, e finalizará cunha concentración diante do inmoble. Ademais «se o tempo o permite», pola tarde realizarase un roteiro nas inmediacións do pazo.

Durante a presentación da reivindicación os membros de la Comisión pola Memoria Histórica da Coruña (CRMH) explicaron que la actuación «non é revanchismo, senón que é xustiza». A entidade indicou que «desde a primeira marcha, convocada no 2005, ata agora avanzouse moito, pero aínda quedan moitas inxustizas que combater».