Remontar a fontes do bravú, ir á ópera ou entregarse ao paseo en véspera de choivas

A Coruña / La Voz

A Coruña

La banda de Chantada Os Rastreros
A banda de Chantada Os Rastreros

O venres festivo trae á cidade unha oferta musical variada, con ópera, fado e rock, e citas coa astronomía e a fotografía de moda

10 dic 2019 . Actualizado ás 14:03 h.

Un noite de fados, unha verbena de aldea, 500 obras de arte nun só lugar, a primeira ópera bufa de Galicia, un mercadillo de vinilos, unha charla sobre planetas novos, un concerto de rock bravú, unha película sobre o fotógrafo que contou a historia a través da moda, un xaponés cun sashimi maxistral ... Todo iso e máis cabe na axenda cultural deste venres constitucional e asollado, véspera de novos ballóns. O paseo, sen paraugas, tamén se antolla unha boa opción.  

Para comer

O chef Carlos Pérez trasladou a súa mestría co sashimi ao novo local de Durán Loriga, Ôvera, recentemente distinguido pola Guía Michelin como restaurante recomendado.