Santa Ana en Mera

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

OLEIROS

alejandra beira

O bo tempo aliouse cos organizadores da misa de campaña por Santa Ana e San Joaquín que se celebrou este luns na capela de Mera que está sobre a praia

27 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A situación sanitaria augou un pouco a festa, pero a meteoroloxía aliouse cos veciños e visitantes que este luns acudiron a Mera. Como cada 26 de xullo, a pequena capela de Santa Ana acolleu misas cada hora, recibiu a moitas parellas que queren ter fillos, e, á hora da celebración relixiosa solemne, ata fixo falta pórse algo na cabeza para protexerse do sol. Así conmemoraron en Oleiros a xornada mundial dos avós. Despois houbo lanzamento de bombas de palenque. Non é a gran festa de Santa Ana de sempre, unha das máis importantes da comarca, pero menos dá unha pedra. Haberá que confiar no que ano que vén póidase celebrar ao grande e sen restricións. Que a santa interceda.