Inmobilizan na Coruña un vehículo con ITV e seguro caducados que fuxiu tras chocar en Oleiros

OLEIROS

A condutora afectada tomou os datos do coche e localizouse na casa do seu propietario

15 ene 2020 . Actualizado ás 13:34 h.

A Policía Local de Oleiros logrou dar o martes co turismo que se deu á fuga tras provocar un accidente no concello oleirense. Os feitos ocorreron ás tres e media da tarde do martes na Rúa Zeus. Un turismo chocou con outro que estaba aparcado e abandonou o lugar. A condutora do vehículo co que chocou puido apuntar a placa da matrícula e alertou á Policía Local, que pescudou que o propietario era da Coruña. Axentes de trasladaron ao domicilio do dono e o coche estaba na rúa polo que puideron constatar que tamén presentaba danos a consecuencia do golpe. Así mesmo, atopáronse con que o vehículo tiña a ITV e o seguro obrigatorio caducados. Os axentes oleirenses alertaron ao 092 da Coruña, para inmobilizar o vehículo e presentar a correspondente denuncia.