Aparece o corpo dunha muller na praia de Espiñeiro, en Oleiros

La Voz A Coruña

OLEIROS

Eduardo Pérez

Un gran dispositivo policial investiga as causas do suceso

14 oct 2019 . Actualizado ás 14:10 h.

A Policía Local de Oleiros e a Garda Civil acudiron esta mañá á praia de Espiñeiro, en Mera, ao aparecer un cadáver dunha muller de 65 anos no areal. Segundo os veciños, que se atopan consternados ante o suceso, uns nenos foron os que divisaron o corpo e deron aviso ás autoridades. Nese instante despregouse un amplo dispositivo, con polo menos tres patrullas da Garda Civil. A Policía Xudicial encárgase nestes momentos da investigación. Será a autopsia a que determine as causas do falecemento. As primeiras hipóteses do suceso apuntan a que se caeu ao mar. Tratábase dunha veciña da zona, que residía nunha vivenda moi próxima ao areal e na que se atopaban os seus familiares.