Atopan a un xabaril esnaquizando un céspede a plena luz do día en Oleiros

La Voz OLEIROS

OLEIROS

Cedido

O animal foi gravado por un cidadán á primeira hora da mañá na urbanización Icaria

29 oct 2019 . Actualizado ás 20:08 h.

Os xabarís volven campar ás súas anchas pola urbanización Icaria, en Oleiros . De feito, á primeira hora deste venres púidose observar a un destes animais en plena acción sobre o céspede completamente esnaquizado. Foi gravado por un cidadán a plena luz do día, cando o normal é que actúen de noite.

Unha situacion que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, quere que se solucione. Onte solicitou que a declaración de urxencia cinética aprobada pola Xunta inclúa ao municipio. Explica que Oleiros está a ser un dos máis afectados por danos aos parques e xardíns municipais. Hai unhas semanas reclamou ao goberno autonómico 60.000 euros en conceptos de danos causados no municipio por estes animais. A Xunta autorizou así batidas diarias en toda a comarca de Betanzos, deixando fóra a concellos como Oleiros, cuxa singularidade fai especialmente complicado a erradicación desta incómoda especie.