Romay con Treze Luzes

La Voz

OLEIROS

O xogador de baloncesto volverá ser o mestre de cerimonias da poxa solidaria

18 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A maquinaria para o que se anuncia como o evento solidario do ano, o Treze Luzes, xa está en marcha. Será o 13 de setembro a beneficio de Meniños en Leira Montesqueiro e contará con trece embaixadores, entre eles a modelo e presentadora Paloma Lago, a pintora Maylen Suárez e o xogador de baloncesto Fernando Romay, un mestre de cerimonias de altura para a poxa benéfica. Este ano trece catadores ofrecerán unha cata de viños galegos que maridarán os pratos de chefs como Beatriz Sotelo, Taky, Iñaki Bretal, Antonio Lorenzo, Pablo Pizarro e Bernardo Esperante.