Oleiros incentiva a contratación de alumnos da Leira Tenreiro

E. S. OLEIROS

OLEIROS

MARCOS MÍGUEZ

As empresas recibirán subvencións de 1.500 euros

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Oleiros anunciou que as empresas que contraten aos alumnos do taller de emprego da Leira Tenreiro recibirán subvencións de 1.500 euros. Desta forma, o goberno local pretende facilitar o primeiro contrato de traballo ao alumnado e incentivar ás empresas. O taller de emprego finalizará o 27 de xullo.