Xoias para musas en Oleiros

Patricia García Lema
Patricia García A Coruña

OLEIROS

mousaijewels

Mousaï é o soño de tres irmás con base na comarca que viron nas pequenas pezas de xoiería a forma de expresar a súa paixón pola arte. Na súa conta de Instagram propoñen diferentes combinacións a partir de complementos.

25 mares 2019 . Actualizado ás 10:28 h.

Con raíces locais e inspiración grega. Así se define Mousaï, unha pequena firma de xoias que empezou a dar os seus pasos hai uns meses en Oleiros . Detrás deste proxecto están tres irmás capitaneadas por Marina , que lembra como o que nun principio comezou como un hobbie está a converterse no seu pequeno soño: «Cada unha de nós dedicabámonos/dedicabámosnos a outras profesións distintas ao deseño de moda, pero sempre estivemos relacionadas co mundo da creación e o deseño (o cine, o deseño gráfico, a arquitectura…). E esa inspiración e as ganas de dar un pasito máis nos levou a crear Mousaï». Tal e como explica Marina , Mousaï provén do grego e significa musa: «Fai referencia ás mulleres que inspiraban as artes». 

Pequenas pezas

A súa firma, que empezou o seu camiño en Instagram, está formada por pequenas pezas de xoiería: desde pendentes ata aneis ou brazaletes, un dos seus puntos fortes. Marina é unha das encargadas de seleccionar as pequenas xoias que despois comparten en \mousaijewels: «A nosa selección baséase en accesorios easy-to-wear seguindo as últimas tendencias. Escollemos pezas que nos gustan e que non necesariamente sempre seguen a mesma liña, porque entendemos que cada día é diferente e que poida que sintamos ganas de mostrar ou salientar algo distinto dependendo da situación», explica Marina . Para ela, os accesorios son «un xeito de revelar tanto o noso estado de ánimo como a nosa personalidade: cun punto excéntrico, romántica, clásica, feminina...».

Na súa colección hai pezas que son un básico, como os pendentes de tipo aro ou os mini colares con charms dourados. Tamén destacan os aneis, que elas propoñen levar en todos os dedos da man combinados a diferentes alturas. O seu obxectivo final é «inspirar a todas as persoas que nos seguen nas redes sociais». «Todo garda relación: desde o nome, musa, ata a forma na que mostramos as xoias», sinala unha das impulsoras desta marca con base en Oleiros. «Por iso prestamos moita atención, e dedicámoslle moito tempo, á fotografía». No seu muro de Instagram todo segue unha mesma liña, desde as mans repletas de pequenos aneis, que se coñece como «ring party», ás bonecas nas que combinan todo tipo de brazaletes. «Nós encargámonos de todo o proceso. De planificar as fotos, de facelas... Ata creamos unha pequena caixiña de luz en casa», conta Marina .

«Queremos que cando alguén chegue a nós non só vexa unha xoia, senón que saiba como combinala, como levala á súa día a día», sinala. Para seguirlle o rastro só fai falta prestar atención a algún dos hashtags que puxeron en marcha en Instagram para salientar o seu carácter local, como #trendoleiros ou #hooponoleiros.