¿Un Audi Q7 para chatarra en Oleiros?

O coche, de 65.000 euros, estivo abandonado catro anos en Santa Cruz con dúas rodas subidas a unha beirarrúa


A Coruña

O abandono de coches é algo habitual e son ducias os que aparecen cada ano nas rúas das cidades. Na Coruña existe un protocolo para retiralos e adoitan acabar no despezamento. A maioría son vehículos moi vellos que xa nin funcionan. Con todo, sempre hai algún caso anómalo. No 2014, por exemplo, denunciouse en Oleiros , concretamente en Santa Cruz, o caso dun vehículo que leva anos estacionado con dúas rodas subidas a unha beirarrúa. Non era calquera coche, senón un Audi Q7, o SUV da gama máis alta da firma alemá, que levaba anos sen moverse do sitio, cuberto de po e verdín e sen que ninguén aparecese a retiralo.

Segundo contaban entón veciños da urbanización, o vehículo levaban no mesmo sitio desde o 2009, é dicir, catro anos. O Concello de Oleiros empezou entón os trámites para retiralo e para tratar de localizar ao seu propietario. Non se sabe si finalmente apareceu, pero a máquina administrativa non respecta o luxo e o Q7 polo que alguén pagou 65.000 euros no seu día ía camiño do despezamento coma se fose un Seat Panda inservible.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade da Coruña

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
7 votos
Tags
Comentarios

¿Un Audi Q7 para chatarra en Oleiros?