Localizan un home morto xunto a un faro de Santa Cristina

OLEIROS

MARCOS MÍGUEZ

Uns veciños alertaron á Policía Local que se atopaba tirado xunto a unha xiringa

22 may 2018 . Actualizado ás 20:22 h.

A Policía Local de Oleiros informou hoxe de que a colaboración cidadá permitiu onte localizar a un falecido en SantaCristina . Os veciños alertaron de que viran a unha persoa tirada xunto a unha xiringa cravada nas proximidades do faro de punta Fieiteira. Á zona desprazouse unha patrulla policial e deron aviso ao 112, pero nada puideron facer por este home, que non levaba documentación, máis que confirmar a súa morte. Ata o lugar tamén se desprazou a Policía Científica. Os axentes da Policía Local alertaron á Garda Civil de Oleiros e informouse tamén ao xulgado. O falecido continuaba sen ser identificado este mediodía.