Miño pon en funcionamento o bombeo de auga potable en Barbeita

d. v. MIÑO

MIÑO

CM

A mellora na rede permite un abastecemento con maior presión para garantir un servizo adecuado en todas as vivendas

04 ago 2021 . Actualizado ás 18:40 h.

O Concello de Miño puxo en marcha o novo sistema de bombeo de auga potable para o núcleo de Barbeita, na parroquia de Callobre. Agora conta cunha presión de abastecemento suficiente para garantir un servizo adecuado en todas as vivendas da zona. O Concello indica que é unha obra demandada e que se atrasou durante meses por unha autorización de Naturgy.

«A ausencia dun grupo de bombeo en rede de abastecemento da zona provocaba que as 15 familias que residen en Barbeito contasen cunha presión de auga moi baixa», explican desde o consistorio e puntualizan que esta situación derivaba no mal funcionamento de quentadores de gas».

Desde o goberno local destacaron «a importancia da posta en marcha do grupo de bombeo para dar un servizo de calidade para a veciñanza de Barbeito, que ata o momento tiña dificultades incluso para as tarefas do día a día».

Neste sentido, engadiron que «por fin se logra dar resposta ás súas demandas nunha intervención que segue a mellorar a infraestrutura de abastecemento en todo o municipio».