Ollo con Miño: sobe máis de 100 puntos de incidencia en 24 horas e xa está en risco extremo
MIÑO
Pola contra, Abegondo e Oza-Cesuras entran en cifras de alerta baixa
26 feb 2021 . Actualizado ás 12:38 h.Con só 7 casos novos máis que os atribuídos onte e un total de 17, este venres o concello de Miño entra xa en nivel de risco extremo por covid-19 , segundo o mapa do Sergas, ao superar os 250 casos por 100.000 habitantes. A súa incidencia acumulada (IA) a 14 días está hoxe en 270,8, máis de cen puntos por amais que 24 horas antes, cando era de 159.
Pola contra, os datos de IA traen hoxe boas noticias sobre todo para Abegondo e Oza-Cesuras, cuxos indicadores os sitúan con unha tasade entre 25 e 50 casos por 100.000 habitantes, rango de risco baixo. Tamén mellora as súas cifras Sada, que baixa de risco extremo a alto (entre 150 e 250 de IA); e os municipios de Cambre , Betanzos, Paderne e Vilarmaior, que descenden un banzo na escala de alertas e hoxe entran en risco medio, con entre 50 e 150 casos por 100.000 veciños.
No resto dos municipios da área metropolitana máis poboados a evolución segue sendo favorable e continúan descendendo os casos na Coruña e Arteixo, aínda que ambos seguen aínda por amais dunha IA de 250, e tamén en Oleiros e Culleredo, que xa están por baixo dese limiar de alerta extrema.