Falece un home na praia de Perbes

La Voz A Coruña

MIÑO

PACO RODRÍGUEZ

Bañistas e socorristas sacárono da auga e intentaron reanimalo sen éxito

23 jul 2019 . Actualizado ás 08:58 h.

Un home de 69 anos, veciño da Coruña, faleceu este luns pola tarde na praia de Perbes (Miño). Sobre as catro da tarde, varios bañistas que se atopaban no areal viron un corpo flotando na auga, preto da beira, e acudiron ao seu rescate, á vez que alertaban ao 112. Unha vez na area, xa coa axuda dos socorristas, trataron de reanimalo, sen éxito. Ata o lugar desprazáronse tamén equipos do 061, a Policía Local de Miño, e da Garda Civil, pero nada puideron facer por salvarlle a vida, xa que todo apunta a que o home sufriu un infarto cando se estaba bañando.