Un mozo de 26 anos, vítima mortal nun accidente de tráfico en Miño

Emiliano Mouzo A Coruña

MIÑO

O sinistro produciuse ao chocar dous coches. O condutor do outro vehículo, un home de 83 anos, foi trasladado ao hospital

30 may 2019 . Actualizado ás 10:20 h.

Un mozo de 26 anos, de iniciais S.S.R. e veciño de Oza, faleceu na madrugada do martes ao mércores nun accidente de tráfico ocorrido na N-651, a estrada nacional que une Betanzos con Ferrol, ao seu paso por Ponche Baxoi (Miño). No accidente, que se produciu ao chocar dous vehículos, o turismo do mozo saíu despedido da estrada e deu varias voltas de campá.

O condutor do outro coche, un home de 83 anos de iniciais G.M.C., tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Betanzos, tras o cal foi trasladado ao hospital con feridas de consideración, segundo o 112. 

O sinistro ocorreu sobre as 2.00 horas cando, por causas que se descoñecen, chocaron os dous coches á altura de Leiro. O impacto foi de tal magnitude que a victima morreu no acto. Non levaba cinto de seguridade.

Ata o lugar desprazáronse de forma inmediata os bombeiros de Betanzos e os servizos médicos de urxencias do 061. Tamén o fixeron varias patrullas da Garda Civil de Tráfico.

A consecuencia do accidente, a estrada tivo que ser cortada ao tráfico para que puidesen traballar os técnicos de urxencias e rescate. polo que a circulación se vehículos desviouse por Miño ata as catro da madrugada.

Os bombeiros de Betanzos e o equipo médico comprobaron que un dos condutores estaba morto, polo que centraron o seu traballo en liberar ao outro condutor. Para iso «foi necesario cortar unha das portas do vehículo», contou un membro da unidade contraincendios. 

A continuación excarceraron á vítima mortal. Nestes traballos participou Protección Civil de Miño. 

É o terceiro accidente que se produce no que vai de semana na área coruñesa, xa que o luns faleceu un home na AG-55 arroiado cando trataba de auxiliar aos feridos doutro accidente, e o martes pereceu un motorista en Bergondo ao chocar contra unha furgoneta.