A Policía Local de Culleredo intervén nunha competición deportiva que se celebraba sen cumprir as normas covid

d. v.

CULLEREDO

Desaloxaron a pista deportiva do Portádego onde se celebraba un torneo de fútbol sala

03 ago 2021 . Actualizado ás 12:44 h.

 A Policía Local de Culleredo disolveu durante a tarde do sábado unha competición de fútbol sala no Portádego, na que os participantes non estaban a cumprir coa normativa covid.

Desde o Concello puntualízase que na bancada, na que había case un centenar de persoas, cumpríase co uso da máscara case na súa totalidade, as dez presentas que practican deporte non, a pesar de existir contacto físico entre eles. Xa que logo, por motivos sanitarios os axentes procederon a intervir o partido, desaloxando da pista deportiva aos presentes.

Non foi o único caso no que tiveron que intervir, o xoves , a Policía Local actuou nun botellón que se estaba realizando na zona de merendeiro da pista de Ledoño e na que varios mozos estaban a causar molestias á veciñanza.

Na noite do venres, os axentes detectaron outra reunión en cálea alcalde Electo Carballo que procederon tamén a disolver .

O Concello de Culleredo sinala que este tipo de actos incívicos «non axudan para poder frear a curva de contagios e lembra que é esencial o cumprimento de todas as normas que marca a Consellería de Sanidade para que a situación sanitaria mellore».