Culleredo destina 42.000 euros ao arranxo da rede viaria en Rumbo

La Voz

CULLEREDO

cc

O Concello prepara os pregos para contratar o servizo de mantemento viario

23 jul 2021 . Actualizado ás 19:10 h.

O Concello de Culleredo levará a cabo, cun investimento de 42.031 euros, unha actuación de mellora da rede viaria do núcleo de Rumbo . A obra está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Os traballos consistirán na renovación do firme de dous camiños do núcleo que se atopan deteriorados. O Concello disporá de firme asfáltico nos puntos máis danados e estenderá unha nova capa de aglomerado ao longo dos 531 metros da zona de actuación Os camiños incluídos serven como conexión entre a AC-400 e a DP-3102. Este plan, indican desde o consistorio, súmase ás obras xa executadas en varios viarios de Boedo e Rumbo, cuxo obxectivo é incrementar a seguridade viaria e as prestacións de viarias que utilizan a diario os residentes na zona.

Por outra banda, anúnciase que o Concello de Culleredo prepara os pregos que rexerán a contratación dun servizo específico para o mantemento viario, que permitirá unha atención continuada ante calquera necesidade de reparación na rede viaria e actuacións en caso de urxencias.