A Policía Local de Culleredo recibiu 127 consultas polas novas restricións

d. v.

CULLEREDO

-

Aumenta a vixilancia no municipio para que se cumpran as normas

27 ene 2021 . Actualizado ás 18:57 h.

Tras a entrada en vigor das novas restricións decretadas pola Xunta, a central de información da Policía Local de Culleredo recibiu 127 chamadas durante a quenda de mañá deste mércores para solicitar información en relación coa actualización do contexto sanitario.

Os axentes vixiaron, ademais, o correcto cumprimento de novas normativas, como a obrigatoriedade do uso de máscara á hora de facer deporte; que esta práctica se realizase de xeito individual ou con persoas convivientes e no termo municipal, variable na que se centrou a súa intervención nas primeiras horas. Os axentes controlaron os accesos ao municipio na ponte do Burgo, interceptando algún autobús para velar polo correcto cumprimento das normas. Ademais, corroboraron, á súa vez, que os locais de hostalería e restauración cesaran a súa actividade, limitándose a exercer as accións de recollida no local e servizo a domicilio.

Pola tarde, a Policía Local, conxuntamente coa Garda Civil, executaron un novo control en Fonteculler.