A Deputación creará unha senda peonil entre Peiro e Veiga

Redacción CULLEREDO

CULLEREDO

KOPA

As obras custarán preto de 300.000 euros

25 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación coruñesa investirá 291.695 euros nas obras de acondicionamento e construción dunha senda peonil na DP-3019 de Peiro a Veiga, en Culleredo . As obras acaban de ser aprobadas por unanimidade na comisión de Vías e Obras e serán referendadas definitivamente polo pleno provincial este venres. A senda discorrerá entre os puntos quilométricos 6,850 e 7,650. Nas entradas a garaxes e leiras o pavimento será substituído por lastro prefabricado sobre formigón para evitar a fisura do primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da vía, que constará de dous carrís de 3 metros de ancho, separados da senda por un bordo, simplemente acondicionarase xa que actualmente se atopa en bo estado. O obxectivo desta actuación é dotar ás numerosas vivendas existentes na zona dun viario peonil seguro a ambas as marxes da calzada.