Xosé A. Touriñán e a paixón incontida polo fútbol

La Voz

A Coruña CIDADE

Basilio Bello

«Recortes, caneos e outras formas de driblar» preséntase este sábado no Colón

28 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Xosé A. Touriñán nunca ocultou a súa paixón polo fútbol (máis concretamente polo Dépor). E agora lévaa a escena en Recortes, caneos e outras formas de driblar, unha obra de teatro de José L. Prieto baseada nun texto de Nacho Carretero na que se ofrece unha visión cómica e pasional sobre o deporte rei e todo o que o rodea, recreando un partido desde a perspectiva dos xogadores, os seareiros, os xornalistas, os directivos ou os árbitros.

Tito Asorey, que xa traballara con Touriñán na versión teatral de Fariña, dirixe esta montaxe no Teatro Colón, ás 18.00 e 21.00 horas. Conta cos actores Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta no elenco, ademais das pezas musicais compostas para a ocasión por Vadim Yukhnevich. O prezo das entradas vai dos 16 aos 22 euros.