A xira de Nick Moss e Kirk Fletcher aterra na Coruña da man do +QJazz

Rosalía Martínez A Coruña / LA VOZ

A Coruña CIDADE

Nick Moss Band.
Nick Moss Band. cedida

Os guitarristas subir este martes ás táboas da sala Mardi Gras

04 jul 2022 . Actualizado ás 19:53 h.

O festival de música internacional +QJazz que se celebra na Coruña fará unha parada este martes 5 de xullo na sala Mardi Gras para ofrecer a actuación dos guitarrista de blues Nick Moss e Kirk Fletcher, como parte da súa xira europea. Nick Moss leva 30 anos tocando polos clubs de blues de Chicago. Pola súa banda, Kirk Fletcher é considerado un dos mellores guitarristas deste estilo musical dos Estados Unidos, e traballa, entre outras cousas, como guitarrista principal de Eros Ramazzotti. 

A cita, que terá lugar ás 22:00, enmárcase nun ciclo musical organizado polo Garufa Club que terá unha duración de 4 días. Iníciase este luns 4 de xullo no Teatro Colón coa banda de Mike Stern, e continuará ata o día 8 de xullo. O  propio Garufa Club acollerá as dúas últimas actuacións do festival: Gisele Jackson e a banda Garufa BlueDevils .

A programación completa do festival pode consultarse na páxina oficial de OcioenGalicia.