Volve o «underground» á Coruña

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

MONCHO FONTES

Rut Morate, Emilio Hermo, Mikelini Martínez e Anxo Judel integran a nova banda FF que se presentará o 3 de xuño na sala Mardi Grass e supón o regreso do «underground» coruñés

28 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

 Afirman con rotundidade que «a música underground coruñesa non está morta». Dino desde a nova banda FF, liderada pola vocalista Rut Morate, que levaba unha década de silencio tras ter sido un referente e pioneira da música punk e underground feminina. Integrantes como Emilio Hermo, Mikelini Martínez formaron parte de grupos míticos da escena musical local como Lascivos ou Ultracuerpos. Tamén incorporan a Anxo Judel aos teclados e sintetizadores. Fálolles deles porque, despois dun ano encerrados nun garaxe de Pedralonga, saltan ao escenario da Mardi Grass. O venres 3 de xuño presentan o que levan meses preparando, temas orixinais que forman parte dun EP xa gravado en Estudos Bonham e que está listo para editarse. Chámanse FF e apelan ao optimismo real como arma fronte á dor. O seu primeiro sinxelo é toda unha declaración de intencións: Quero saír para bailar.