Alvedro Suma

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

Un grupo de empresarios presentou unha nova campaña Suma a beneficio da Cociña Económica

04 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A idea é extraordinaria, ceder as súas naves para exercer de almacén da Cociña Económica e promover a recollida de alimentos. «Somos 22 as firmas que participamos, pero queremos animar a outras a que se sumen a esta solidaria andaina», explica Pablo García-Bodaño, coordinador de Alvedro Suma e CEO de Tattoo Contract. «Sen estas iniciativas sería moi difícil estar prestando o servizo diario e semanal que damos desde a asociación. Por desgraza cada día hai máis persoas que o necesitan», apunta Xosé Castro Celeiro, directivo da entidade benéfica.