A colareira Montse Betanzos, na nova directiva dos artesáns galegos

La Voz O Grove / LA VOZ

A Coruña CIDADE

Montse Betanzos, colareira no Grove
Montse Betanzos, colareira non Grove MARTINA MISER

16 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Galega de Artesáns (AGA) é a organización profesional de artesáns con meirande presenza en Galicia. O seu labor é especialmente intenso en canto á divulgación, promoción, formación e defensa dos intereses do colectivo. Agora, a AGA vén de escoller á súa nova directiva, que conta coa presenza da collareira grovense Montse Betanzos entre os seus membros. Completan a equipa Ardentía (xoiería, Bergondo), Códice (encadernación, A Coruña), Coiraxe (coiro, Vigo), Paz Navas (bixutería, A Coruña), Sanín (instrumentos de percusión, Santiago) e Santín (coiro, Cambre). Atender as necesidades dos artesáns na crise é unha das prioridades.