Aberta a matrícula en 25 escolas infantís da comarca da Coruña

d. v. A Coruña /LA VOZ

A Coruña CIDADE

DTXAC

A Xunta indica que se hai 1.273 prazas distribuídas en once concellos

07 abr 2021 . Actualizado ás 17:09 h.

O prazo de inscrición para as 25 escolas infantís da rede autonómica para o próximo curso estará aberto ata o 12 de abril, lembrou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que este mércores visitou a escola infantil As Mariñas.

A Administración autonómica ofrece 1.273 prazas de educación infantil na comarca, estando sete centros na Coruña, catro en Oleiros , habendo dous en Arteixo e Cambre, e unha nos municipios de Betanzos , Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Curtis, Sada e Sobrado. Trenor sinalou que «oito meses despois do inicio do curso, as escolas infantís teñen demostrado que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade, aínda no contexto máis complicado». Apuntou que o respecto ás recomendacións sanitarias foi o que permitiu que o curso se desenvolvese con normalidade.