A hostalería da Coruña poderá ampliar as súas capacidades desde este xoves

R.D. A Coruña

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

A Xunta adianta un día o levantamento das restricións nos concellos. Salvo Carral, todos os municipios da área estarán mañá en nivel básico de limitacións

07 abr 2021 . Actualizado ás 13:15 h.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acaba de anunciar este mércores que a Administración autonómica decidiu adiantar un día a entrada das novas medidas acordadas polo comité clínico na reunión de onte, de modo que a partir de mañá xoves incrementar as capacidades da hostalería na práctica totalidade dos concellos da área sanitaria, salvo Carral, que entrará en nivel alto e só poderá abrir as terrazas ao 50 %. 

Este anuncio afecta basicamente aos concellos que aínda estaban con medidas máis restritivas, entre eles A Coruña, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Abegondo, Camariñas e Laxe, que nunhas horas poderán ampliar as capacidades, que serán do 75 % no exterior e do 50 % no interior dos establecementos de hostalería. 

Ademais, a partir de o sábado levantarase a prohibición de non convivientes en domicilios, co que se poderán reunir catro persoas no interior e seis no exterior.