Acreditación Erasmus

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

O colexio A nosa Señora do Carmen de Betanzos foi recoñecido cunha acreditación Erasmus

01 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Facía moito tempo que non tiña noticias de Celsa Boquete. Foi durante anos a directora do colexio da Grande Obra de Atocha da Coruña. Recordo que cando a destinaron a Betanzos para dirixir o centro A nosa Señora do Carmen non quixo ningunha homenaxe especial a pesar de que había moita xente disposta a organizalos. Por iso alegroume recibir un correo dela no que me informa de que lles recoñeceron coa acreditación Erasmus (KA120). «Foron poucos os centros educativos de Galicia que lograron este recoñecemento. Trátase de reforzar a dimensión europea do ensino e a aprendizaxe, a mellora na súa calidade ou o fomento de valores comúns europeos entre outros obxectivos», resume. Unha boa noticia para o colexio e para todos, polo feito de que se empezo a falar de intercambio de alumnos e de programas como Erasmus despois do ano que levamos.