Tres novas vítimas do covid na Coruña

d. v.

A Coruña CIDADE

EDUARDO PEREZ

Faleceron dous homes, de 68 anos e 84 anos, e unha muller de 88

01 dic 2020 . Actualizado ás 23:42 h.

Tres persoas máis falecen hospitalizadas na Coruña como consecuencia do coronavirus. Segundo os datos achegados por Sanidade, trátase dun home de 68 anos e unha muller de 88 anos, que estaban no Chuac, e un home de 84 anos, ingresado no HM Modelo da Coruña. Todos eles foron diagnosticados de coronavirus e tiñan patoloxías previas. Con estas mortes, elévanse o número de decesos vinculados ao covid-19 desde o inicio da pandemia a 285.

Isto prodúcese, a pesar de que se reduciu a ocupación nas ucis da área sanitaria ata as 22 camas e rexistrouse unha caída das hospitalizacións.