Accidente entre un bus escolar e un turismo en Cambre

La Voz CAMBRE

A Coruña CIDADE

atr

O copiloto do coche foi evacuado ao hospital. Os cinco nenos e o chofer do autobús non sufriron danos

02 dic 2020 . Actualizado ás 18:31 h.

Ao redor de as  tres da tarde deste martes produciuse un accidente na DP-0102, en Bribes (Cambre). No incidente víronse envolvidos un autobús escolar no que viaxaban cinco nenos máis o condutor e un turismo no que viaxaba o condutor. Os viaxeiros do autobús resultaron ilesos, mentres que o condutor do vehículo tivo que ser trasladado ao Hospital A Coruña con dores no peito. Ata o lugar dos feitos acudiu a Policía Local de Cambre, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de Ambulancias.