Culleredo e Abegondo entran en risco extremo por covid

R.D. A Coruña

A Coruña CIDADE

Prueba de covid en A Coruña
Proba de covid na Coruña MARCOS MÍGUEZ

Miño sitúase en nivel alto de alerta, rango ao que baixa Sobrado por incidencia de casos acumulados nos últimos 14 días

26 novs 2020 . Actualizado ás 20:11 h.

Culleredo e Abegondo entraron xa en nivel de risco extremo por covid (con máis de 250 casos novos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días). Ambos os concellos sumaron seis casos máis en 24 horas, de modo que Culleredo acumula 77 e Abegondo 19. Nesta franxa vermella de alerta seguen ademais Cambre (que con respecto a onte baixa de 62 a 63 positivos acumulados), Paderne e Aranga  (ambos con 10) e Irixoa, que segue escalando e xa ten 33 casos acumulados en dúas semanas a pesar da súa baixa poboación.

 O mapa de a Consellería de Sanidade sitúa hoxe cunha incidencia acumulada de risco alto, de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes en 14 días, a un municipio novo: Miño, que sobe a11 positivos. Ademais, incorpora a Sobrado dos Monxes, que mellora a súa situación, xa que estaba na zona máxima de alerta. Continúa neste nivel, aínda que cun lixeiro empeoramento, Betanzos, que pasa de 30 a 32 casos. Por contra, aínda que non abandonan a alerta laranxa, melloran os datos da Coruña cidade (pasa de 460 a 443 casos acumulados) e Arteixo (de 76 a 73). Non se moven os números dos restantes municipios situados nesta mesma franxa: Bergondo, con 14, e Coirós e Mesía, ambos con entre 1 e 9 pacientes.

Do rango laranxa de risco saen este xoves Carral e Curtis, que se sitúan no nivel medio de alerta (entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes acumulados en 14 días), ao non exceder dos 9 positivos novos acumulados. Acompáñanlle no mesmo  nivel dous municipios con lixeiras mellorías nas últimas 24 horas: Oleiros, que pasou de 50 a 45, e Sada, con 15 (un menos), ademais de Vilarmaior , Vilasantar e Oza-Cesuras, os tres con menos de 9 no acumulado.

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días