Pepito Mendoza, o secuestro que paralizou á cidade

La Voz

A Coruña CIDADE

Hai 63 anos resolvíase con éxito un caso que mantivera con vilo á sociedade coruñesa

26 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Estreábase no Colón, pero o xentío que se apiñaba ante o teatro non tiña intención de ver a Sara Montiel. O 26 de setembro de 1957 resolvíase un caso que mantivera a toda a cidade en albas, o secuestro do pequeno Pepito Mendoza, neno de dous anos que desaparecera tres días antes mentres xogaba cos seus irmáns nos xardíns de Méndez Núñez. Tres días de incerteza e desesperación da familia do pequeno que, por fin, atopaban un final feliz, despois de que a policía estreitase o cerco sobre os seus captadores. Baixo segredo de confesión, segundo relataba en La Voz de Galicia o xornalista Vituco Leirachá, entregaban ao neno aos seus pais, que o recibían con emoción na súa casa do número 34 da avenida da Marina . Centos de persoas congregáronse ante a vivenda para compartir eses momentos de alegría e corearon o nome de Pepito ata que o seu pai o asomou á fiestra da vivenda.