Poesía embarcada

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

Anxo Manso

O barco de pesca do mariñeiro-poeta Xosé Iglesias acolleu a presentación do libro «Fisterras atlánticas», editado por Medulia, que vincula a través da poesía Irlanda e Galicia

26 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

É un risco pola choiva, pero non existe un sitio mellor. A editorial Medulia decidiu organizar a presentación dun libro que vincula Galicia e Irlanda a través dos seus escritores, e en particular, pola poesía, nun lugar pouco común. A cita foi no peirao de Oza, en concreto no barco Primeiro Villar. E digo que a localización é ideal porque o pesqueiro é de Xosé Iglesias, mariñeiro, colaborador de Radio Voz, pintor e, sobre todo, poeta. Por iso non existe escenario mellor para a posta de longo de Fisterras atlánticas, Finisterres atlánticos, Atlantic Finisterres. Interviñeron Antonio Raúl de Toro Santos e José Miguel Alonso Giráldez, coordinadores do libro; o profesor e tradutor David Clark; a directora da editorial, Diana Varela; Xurxo Souto, Manuel Rivas, X.H. Rivadulla Corcón, e o patrón, todos escritores que forman parte do volume. «Mira que cousas boas pásanme», comenta o mariñeiro anfitrión.