Ingada e Mario Bross

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

F. M.

Tres Hugos ?Otero, Esperante e Cunchado? e Miguel Capllonch, usuarios da Fundación Ingada, sacaron adiante un videoxogo baixo a supervisión do empresario Diego Mariño

26 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A pesar do complicado que resultou para todo o mundo sacar adiante proxectos neste 2020 marcado polo confinamento, na Fundación Ingada —que dá asistencia a persoas con trastorno de déficit de atención e hiperactividade— foron capaces de pór en marcha un videoxogo baixo o padrinazgo do xenio das start ups Diego Mariño. «Foi por mor dunha conferencia súa, na que nos demostrou como a pesar de ter hiperactividade ou outros trastornos asociados pódese chegar moi lonxe nisto das novas tecnoloxías, e el é un bo exemplo», cóntanme os mozos Hugo Cunchado, Hugo Otero, Hugo Esperante e Miguel Capllonch, usuarios de Ingada, elaboraron un nivel do popular xogo Mario Bros utilizando unhas ferramentas «sinxelas, pero que houbo que aprender a sacarlles partido». E a cousa non vai quedar aí, porque agora van comezar con talleres de robótica dos que poden saír marabillas. Estaremos atentos.