Sanción de 501 euros a un veciño de Oleiros por guindar lixo

La Voz OLEIROS

A Coruña CIDADE

atr

A persoa infractora acababa de realizar unha mudanza e depositou caixas e aveños nunha zona prohibida

28 may 2020 . Actualizado ás 17:06 h.

A Policía Local de Oleiros identificou a unha persoa guindando residuos voluminosos nunha zona sinalizada precisamente para evitar o depósito de cascallos. Os feitos ocorreron nas proximidades da vivenda da persoa infractora, que foi sancionada con 501 euros. Entre o lixo atopáronse caixas de mudanza con libros antigos, madeiras, mobles vellos, unha carreta e varias bolsas de lixo rotas. Nos días previos, a persoa denunciada estivera limpando un inmoble da súa propiedade para, posteriormente, deixar todos os aveños recolleitos na vía pública. «Non estamos dispostos a permitir este tipo de comportamentos. Ninguén ten dereito a degradar desta maneira o noso municipio. Electrodomésticos, mobles, podas,... é obrigatorio levalos ao punto limpo. Pídolle a todos os veciños que cando vexan a algunha persoa incumprindo as normas do lixo chamen á Policía Local e dean datos para poder sancionar estas condutas», explicou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.