Faleceu Jesús Garda, de Lema, veterano xastre na Coruña

La Voz

A Coruña CIDADE

Será enterrado esta tarde en Lema

28 ene 2020 . Actualizado ás 08:26 h.

Jesús Garda Ponche faleceu onte os 80 anos. Era da parroquia carballesa de Lema, onde será enterrado esta tarde (saída do tanatorio Bergantiños ás 16.00 horas), e onde ademais tiña unha casa e acudía con frecuencia, pero vivía na Coruña, onde traballou moito tempo como xastre. E, quen lle coñecen, aseguran que era moi bo no seu oficio. Deixa viúva e un fillo. Tiña outro, pero morreu hai pouco máis dun mes aos 48 anos.