1975: Por Benposta pasan cada ano máis de 14.000 turistas

La Voz OURENSE

A Coruña CIDADE

MIGUEL VILLAR

O relacións públicas da Cidade dos Raparigos era entrevistado en La Voz

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Circo dos Raparigos ía actuar na Coruña, entre os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, e publicábase unha entrevista co relacións públicas da Nación dos Raparigos na que se abordaba a realidade do proxecto ourensán.

José María Sánchez Bustos era un novo estudante de COU que chegara a Ourense desde Madrid tras coñecer o proxecto de Jesús Silva e solicitarlle por carta a súa incorporación ao mesmo. Ocupaba o posto de relacións públicas e na entrevista, asinada por Torre Cervigon, incidía no feito de que «Benposta non é un sistema educativo senón unha forma de vivir coa que estou plenamente de acordo» e destacaba que o proxecto ourensán espertaba interese en todo o mundo: «A Benposta chegan cada ano máis de 14.000 turistas. Xeralmente son científicos de todo o mundo que viaxan a realizar estudos de pedagoxía. Tamén nos visitan españois, pero menos».

Tras pasar pola Coruña o circo marchaba a Oceanía.