As bailarinas, contra «ou baleirado» do Centro Coreográfico Galego

LA VOZ A Coruña

A Coruña CIDADE

Imagen de archivo de una de las producciones del Centro Coreográfico Galego, «As catro estacións»
Imaxe de arquivo dunha das producións do Centro Coreográfico Galego, «As catro estacións»

A plataforma de afectadas critica a redución de funcións e orzamento, rebaixado á terceira parte

28 ene 2020 . Actualizado ás 10:44 h.

A Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego mostrou este martes o seu «fonda preocupación e rexeitamento frontal ao baleirado de funcións» do CCG, que entenden «debera ser o centro institucional de referencia para a comunidade da danza e o seu sector industrial e profesional». O colectivo, moi crítico con a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais», responsable administrativa da política de creación coreográfica en Galicia, considera que a súa actual posición «supón unha evidente vulneración do dereito humano fundamental e universal de acceso á cultura», unha vez que decidiu que desapareza a dirección do CCG, eliminar a faceta artística na súa xestión, fusionar o departamento de danza co de música, de nova creación, e aplicar unha redución orzamentaria de 150.000 euros a 50.000 «dun total de 12 millóns de euros adicados á promoción da cultura pola Agadic». 

A plataforma quéixase ademais de «a falta da escoita, a mala interpretación do que é a efectiva participación» e tamén de «a inexistencia dun plan integral para a danza» e de «a incomprensión ante a súa vulnerabilidade» nun momento no que Galicia conta «cunha xeración de coreógrafas e coreógrafos de extraordinario recoñecemento e prestixio artístico que se ve imposibilitada para trabajallar no seu país».

Á espera de que o Consello da Cultura Galega realice as súas propostas ante a situación do centro, a plataforma prepara unha nova reunión e reclama que o Agadic elabore un plan integral para revertela.