A praza de Lugo, imaxe do cupón da ONCE para o sorteo do 13 de xaneiro

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

Anxo Manso

O mercado coruñés inaugura a serie «Este é o teu mercado», que busca homenaxear estes espazos emblemáticos

08 ene 2020 . Actualizado ás 14:47 h.

O Mercado Eusebio da Guarda da Coruña, máis coñecido como mercado da praza de Lugo, é a imaxe do cupón da ONCE do próximo luns 13 de xaneiro e o primeiro dunha serie de 52 cupóns de mercados de toda España. Cinco millóns e medio de cupóns difundirán por toda España este moderno espazo comercial.

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro, presentaron esta mañá o cupón xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey , a quen fixeron entrega dunha copia enmarcada do mesmo.

A praza de Lugo, de titularidade municipal, ten fama nacional pola gran calidade e variedade de peixes e mariscos. O moderno e funcional edificio que o alberga foi inaugurado en xullo de 2006, en substitución do primitivo de 1910. Deseñado polo arquitecto coruñés Jacobo Rodríguez Losada, o edificio ten na súa exterior tendas de firmas recoñecidas e ao seu redor outras marcas téxtiles e de xoiería de primeiro nivel, encadrando a xa coñecida como «milla de ouro» coruñesa. 

O mercado coruñés inaugura a serie Este é o teu mercado, formada por 52 cupóns de diario, que se comercializan de luns a xoves. A serie homenaxea aos mercados municipais, espazos emblemáticos de pobos e cidades, en ocasións situados en edificios centenarios, sempre testemuñas do día a día da cidadanía, dos seus costumes e a súa gastronomía.

Estes cupóns, que se comercializan unha semana de cada mes, pertencen aos sorteos de Diario (de luns a xoves), e con ela o Grupo Social ONCE pretende que o cupón sexa o escaparate deses centros neurálxicos da gastronomía tanto dos fogares e da restauración.