Marta Acción gaña o Torneo de Outono do Aeroclub alevín e infantil

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

A Coruña CIDADE

Cedida

Non perdeu ningún dos seus sete partidos

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A compostelá Marta Acción, do Tenis Coruña, completou un Torneo de Outono do Aeroclub de Santiago inmaculado nas dúas categorías nas que participou, alevín e infantil. Fíxose co título en ambas as tras imporse nos sete partidos que disputou fronte a rivais de Compostela, Sanxenxo e Vigo.

O tamén santiagués Valentín Somoza, do Club Family Os Tilos, alzouse co título no cadro masculino cadete.

A relación de gañadores nas restantes categorías quedou como segue: Jesús Bouza Ponte (RCTC) venceu en absoluto masculino; Abel Rodríguez Rubio (Zona Indoor A Coruña), en +40 masculino; Jorge Álvarez Mosteiro (RCTC), en benxamín masculino; e Sergio e Pedro Domínguez Estévez (Sporting Club Casino da Coruña), en alevín e infantil masculino.

O campionato disputouse nas pistas cubertas de terra batida da entidade compostelá en Ameixenda e contou coa participación de máis dun centenar de xogadores.