As imaxes e as clasificacións da carreira popular 5K Leyma

La Voz

A Coruña CIDADE

Bocelo e Zubia impuxéronse na categoría masculina e feminina respectivamente

12 oct 2019 . Actualizado ás 20:29 h.

Pablo Bocelo, en categoría masculina, e Ariane Zubia, na feminina, proclamáronse vencedoras da 5K Leyma, carreira solidaria contra o cancro que se celebrou na mañá de onte na Coruña. Bocelo asinou un tempo de 15 minutos e 20 segundos, apenas 3 máis rápido que Facundo Medard e 9 que Jonathan Fernández, os tres que se xogaron a vitoria na recta final. Zubia, pola súa banda, parou o crono en 20:02, superando no esprint a María Uría Álvarez.