A SD Bandeira, coa selección

La Voz

A Coruña CIDADE

Cedida

06 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata A Coruña desprazábanse este venres varias expedicións desde as comarcas para asistir ao partido entre España e Acerbaixán, que saldou con vitoria española por 4-0 no seu camiño cara á Eurocopa do 2021. Entre os que puideron gozar do choque en Riazor estaban as integrantes da SD Bandeira, nunha cita histórica, ao superarse a marca de asistencia a un partido da selección feminina en territorio nacional.