A área metropolitana dá os seus primeiros pasos

Eduardo Eiroa Millares
Eduardo Eiroa A Coruña / LA VOZ

A Coruña CIDADE

Anxo Manso

A Coruña e outros nove municipios únense para intentar compartir servizos

26 sep 2019 . Actualizado ás 10:44 h.

Arteixo, Cambre, Oleiros,Culleredo, Betanzos, A Coruña, Sada, Abegondo, Bergondo e Carral están un pouco máis unidos. Os alcaldes deses municipios reuníronse este mércores na Coruña para pór a andar a área metropolitana. A intención, dixo a rexedora coruñesa Iné Rey , é compartir servizos como a recollida de lixo, o transporte e a auga, entre outros. 

No pleno do próximo día 3 darase o primeiro paso para a área,p ero será a Xunta a que teña a última palabra. Os alcaldes, por agora, non se marcan un prazo.