Os Cantóns quedan sen tráfico de vehículos

La Voz

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

O centro da cidade sufrirá restricións de tráfico coas últimas actividades da Semana Europea da Mobilidade

21 sep 2019 . Actualizado ás 10:51 h.

Chega ao seu fin a Semana Europea da Mobilidade, que o venres levou ao salón de plenos do Concello a un grupo de estudantes que lanzaron as súas propostas sobre mobilidade sostible para a cidade. Esta fin de semana córtanse os tres carrís de saída do Cantón Grande ata as oito da tarde do domingo e trasladarase a parada de taxis do Obelisco á avenida da Marina , e a parada de autobuses situada diante do Casino na Avenida do Porto á altura do Quiosco Alfonso. O motivo é a celebración das carreiras de mobilidade e a exposición ECO 21 na carpa situada no Obelisco, onde están expostos os últimos modelos de vehículos non contaminantes ou de baixas emisións. Ademais, o domingo celébrase o Día Sen Coches na cidade, coa ampliación do corte do tráfico.